Inicio
Inicio
Noticias
Ligazóns
Novidades bibliográficas
Documentos ATG
Contactar
Bivir
Viceversa
Buscar
Sindicación
As nosas noticias no teu lector RSS
O blogue de Xiao Roel
Luns, 10 Decembro 2007
A través do seu blogue, Xiao Roel, profesor de latín, poeta e tradutor ó galego dende varios idiomas (entre eles o latín e o grego) está a publicar traducións de textos en francés e grego moderno. Tamén escribe interesantes artigos sobre distintos aspectos gramaticais, lingüísticos e fraseolóxicos do noso idioma que poderían resultar de utilidade non só para os que se adican á práctica profesional da tradución, senón para calquera falante do galego. De visita recomendada. <http://www.blogoteca.com/filintista/>
Xa dispoñibles en Bivir tódalas traducións do Premio Plácido Castro 2007
Venres, 07 Decembro 2007

Xa poden descargar dende Bivir as derradeiras incorporacións que van competir polo premio de tradución Plácido Castro do ano 2007. Trátase de Kornél Esti (de Dezsõ Kosztolányi), traducida ó galego por Jairo Dorado Cadilla e das traducións de Perfecto Andrade de Unha estación infernal (de Arthur Rimbaud) e Discurso da servidume voluntaria (de Étienne de la Boétie).

Estas tres obras únense ás traducións de A illa misteriosa, O viaxeiro astral e de varios relatos curtos de Katherine Mansfield, tamén dispoñibles para a descarga dende a web da biblioteca virtual.

Última Atualización ( Venres, 07 Decembro 2007 )
Nova tradución en Bivir: "A illa misteriosa" (Xulio Verne)
Luns, 05 Novembro 2007

Xa poden descargar a versión electrónica de "A illa misteriosa" (L'Île Mystérieuse), unha novela de aventuras de Xulio Verne traducida ó galego por Ánxela Gracián.

Sinopse (de Bivir):
Atopámonos ante unha das novelas máis lidas de Xulio Verne, publicada por primeira vez en 1874. Narra as aventuras de cinco estadounidenses durante a súa convivencia nunha illa descoñecida do Pacífico durante o período da Guerra Civil Estadounidense. A fame e a morte causados pola guerra lévaos a tomar a difícil decisión de deixar o país.

Tras varios días de viaxe chegan a unha illa volcánica situada ó leste de Nova Zelandia, na que terán que aprender a sobrevivir para poder saír adiante. O que non saben é que na Illa Lincoln, como a bautizan estes cinco náufragos, agocha un segredo moito maior do que ningún deles tería imaxinado xamais...




Última Atualización ( Luns, 05 Novembro 2007 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 10
Copyright 2005 - Asociación de Tradutores Galegos
Feito con Mambo, adaptación por Studio Cero.